
O programa emitiuse dende O Muelle Bar, na explanada portuaria focense, e estivo dirixido e presentado por Félix Jorquera. Dedicouse fundamentalmente á Festa Normanda, pero tamén aos numerosos atractivos que ofrece o concello de Foz este verán. Neste espazo radiofónico participaron o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira; o presidente da asociación Desembarco Normando, Pablo Fraga; o pregoeiro desta edición da Festa Normanda, Juan Varela; e Manolo Chichón, veciño de Foz que participa no evento que comeza mañá, venres, facendo o papel de San Gonzalo, labor que xa realizou nas anteriores edicións do festexo.