Site icon Crónica3.com A Mariña

Un grupo de 32 ex-alumnas do Colexio de La Sagrada Familia de Mondoñedo celebrou o pasado sábado 19 de agosto unha comida de reencontro no Restaurante Casa Damián de Foz

COMIDA SAGRADA FAMILIA 2017+Despois de varios anos sen celebralo, o ano pasado recuperaron a tradición deste reencontro, que volveu xuntar a alumnas de diferentes promocións do colexio “das monxas”, que aproveitaron a ocasión para poñerse ao día e lembrar anécdotas pasadas. As 23 antigas alumnas que se xuntaran o pasado verán esta vez foron xa 32 e esperan seguir aumentando o número de participantes o vindeiro ano, para o que xa teñen reservada a data do 18 de agosto en Mondoñedo.

Exit mobile version