Os temas que Banda Municipal de Música de Ribadeo tocou por primeira vez onte son Highlights from Mary Poppins, Colors of the wind (Pocahontas), Toy Story, The sound of music, Highlights from Frozen e La pantera rosa. Tamén interpretaron Hércules e La bella y la bestia.
Acompañando ás interpretacións proxectáronse nunha pantalla de 4 por 3 metros fragmentos das películas á que pertencen eses temas musicais.
Ao rematar o concerto David Ballester agradeceu o esforzo especial que tiveron que facer os músicos para preparar esta actuación porque só dispuxeron de dous días para os ensaios.