Site icon Crónica3.com A Mariña

V Feira de Stocks organizada pola Asociación de comerciantes do Centro Histórico de Viveiro

Foto FeriaViveiro 21-8-17. Do 22 ó 24 de Agosto nas carpas situadas nos Xardins Noriega Varela levarase a cabo a V Feira de Stocks organizada pola Asociación de comerciantes do Centro Histórico en colaboración co Concello de Viveiro, que un ano máis pon a disposición da Asociación todos os medios humans e materiais posibles para que a Feira se poda levar a cabo.

Serán un total de 11 stands adicados á venda de moda de nenos, home e muller, regalos e complementos, deportes, mobles, perfumería, decoración e artigos do fogar. Una amplia variedade de sectores e artígos que serán postos á venda a uns prezos moi reducidos, onde os clientes poderán mercar verdadeiras gangas. O obxetivo principal é dar ós comerciantes a oportunidade de liquidar todo o seu stock e para os clientes unha oportunidade estupenda de mercar artigos de primeira calidade a uns prezos inmellorables.

O horario da Feira será de 11 a 14 horas e de 18 a 22:00 h. O primeiro día, martes 22 terá lugar a inauguración ás 12:30 horas, á que asistirá a Concelleira de Comercio, Marisol Rey, como representante do Concello de Viveiro, e os representantes da Asociación de Comerciantes. Tamén contaremos co Cuarteto Xaramolo que animará oinicio da Feira ca sua música durante máis dunha hora.

Exit mobile version