Site icon Crónica3.com A Mariña

VII Xornadas “Memoria dun tempo”

Mañón 18-8-17. As VII Xornadas “Memoria dun tempo”, organizadas pola asociación Nordés, e que terán lugar na casa do Concello de Mañón, en O Barqueiro, arrancan o próximo xoves 24.

Nesta ocasiòn as xornadas teràn un contido monográfico, pois están totalmente adicadas ao papel da muller dende a perspectiva da memoria histórica nun sentido amplo.

Deste xeito, as proxecciòns e intervenciòns previstas amosarannos en feminino a vida e loita baixo o franquismo, cómo se está a traballar na recuperación da historia das mulleres galegas daquela época, e
tamén haberá tempo para coñecer das súas experiencias na emigración.

Contaremos coa presenza de figuras de primeira orde na investigación histórica e social desde unha perspectiva de xénero. Así, o xoves 24 intervendrán Victoria Martíns Rodríguez e Ángel Rodríguez, coa ponencia “O compromiso coa igualdade: unha visión de futuro desde a análise do pasado”, e a
proxección previa do seu documental “Digna Rabia”

O venres 25 tocaralle o turno a Montse Fajardo Pérez, quen forma parte do equipo redactor do programa “A memoria das mulleres”, promovido pola Concellería de Patrimonio Histórico do Concello de Pontevedra. No seu marco participou no libro “Do gris ao violeta. Achega á historia das mulleres
pontevedresas”, e é tamén autora de “Matriarcas, mulleres en pé de vida” e “Un cesto de mazás”. A súa charla leva o título de “A memoria das mulleres no relato da represión franquista”

O sábado 26, fora de cartel e como novedade desta ediciòn, terá lugar o que esperamos sexa un espazo de encontro, libre expresión, participación e creatividade, aberto a todo o mundo,levando por título
UNHA FLOR POLA MEMORIA sendo a Ponte Vella do Barqueiro o escenario dun acto de recuperación da Memoria Histórica e de divulgación da cultura da paz.

O evento realizarase entre as 11:00 e as 13:00 horas, e parte co obxectivo de dar a entender que o fomento da cultura da paz é unha tarefa colectiva e permanente.

O colectivo organizador convida a entidades sociais e particulares a colaborar nesta iniciativa, xa sexa a través da creatividade artísitica ou xa sexa simplemente achegándose ao lugar para depositar
unha flor pola memoria e contribuír así a escribir sobre o pavimento unha mensaxe de paz.

Às 13 horas terà lugar a V Homenaxe a republicanos/as e libertarias/os na mesma Ponte Vella.

Exit mobile version