Site icon Crónica3.com A Mariña

Villares destaca a entrega de todos os veciños de Cervo e de Airiños do Xunco nunha queimada popular que pecha o calendario festivo de verán no Concello

Cervo, 21 de agosto de 2017.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares fixo un balance moi positivo da XXXIX edición da Queimada Popular, que se celebrou o pasado sábado.

O rexedor apuntou que foi un día, que comezou xa dende primeira hora da mañá, coa XXI edición do mercado tradicional, e que, logo da tradicional representación e da Queimada, pecharon os concertos programados para a ocasión.

Villares quixo destacar a involucración de todos os veciños de Cervo co evento, e nomeadamente da Asociación Cultural Airiños do Xunco, que se entrega cada ano, e dende vai xa 39 de xeito ininterrompido, á organización da Queimada, que é un referente cultural e festivo de toda a comarca e de Galicia, sendo Festa de Interese Turístico Galego.

O alcalde puxo en valor o gran ambiente que se viviu en todo o conxunto de Cervo durante toda unha xornada na que primou o respecto entre as persoas, a contorna urbana e o medio ambiente; e que nos deixou a todos os que nos congregamos alí, que fomos moitos, un bo sabor de boca con ganas de que chegue xa a vindeira edición.

Exit mobile version