O afortunado foi José María Sancho procedente de Boñar na provincia de León, que foi agasallado pola responsable da Oficina de Turismo con unha zoca conmemorativa realizada polo afamado zoqueiro Alberto Geada cuxo museo se pode visitar actualmente na segunda pranta do Castelo, ademais dunha exposición de pintura da artista menorquina Pilar Perdices titulada “Paisajes de la memoria” e dunha colección de traxes de liño e seda da deseñadora Reme Espantoso que precisamente se inaugura o luns 14 de agosto, día no cal o Castelo permanecerá aberto mañá e tarde con motivo da festividade do 15 de agosto.