Site icon Crónica3.com A Mariña

Xuventude achega 5.000 euros para impulsar o proxecto “Arbores Sonoras” promovido por Xoldra en colaboración co Concello de Mondoñedo

Mondoñedo (Lugo), 22 de agosto de 2017.- A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dependente da Consellería de Política Social, achegará 5.000 euros para impulsar o proxecto “árbores sonoras” promovido polo colectivo cultural Xoldra e no que colabora o Concello de Mondoñedo.

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, salientou que esta iniciativa permitirá darlle máis vida a un espazo singular, como é a Alameda dos Remedios, que será acondicionada e revalorizada polos membros da asociación en colaboración con voluntarios e co apoio municipal.

Este proxecto pretende darlle máis vida a unha zona pública de gran uso na cidade, e moi frecuentada pola xuventude ao estar situada ao carón dos institutos. A idea engloba múltiples actuacións: entre plantar árbores, labores de acondicionamento de xardíns, colocación de novas flores e arbustos.

Tamén se acometerán medidas de rehabilitación urbana e de feito se recuperará o quiosco da música para que volva a realizar a súa función tradicional, se acondicionarán os baños públicos e se porá a funcionar unha fonte.

Para poder desenvolver todas as funcións a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado achegará a Xoldra tamén recursos para impartir uns cursos expres de carpinteiriña e xardineira.

A Alameda dos Remedios está situada entre dous edificios de estilo barroco: a igrexa dos Remedios e o Hospital de San Pablo e é un lugar de ocio para a poboación. Nela celébranse as festas da parroquia, as Quendas e as San Lucas. O resto do ano está dedicado a ser lugar de paseo, descanso, xogos,…

Exit mobile version