Viveiro 28-9-17. Ante a noticia aparecida nun medio de comunicación, na que Portos de Galicia anuncia que tirará os tres galpóns do muelle, quero manifestar publicamente que se trata dunha gran noticia que beneficiará ao Concello de Viveiro, pois ademais dun problema funcional e estético, os galpóns supoñen un grave risco para a cidadanía, tendo en conta o seu estado de deterioro.
A eliminación destes galpóns é unha petición que veño reiterando nos últimos anos. O vindeiro 4 de outubro desprazareime a Santiago de Compostela para reunirme co Presidente de Portos de Galicia; cómpre sinalar que solicitei esta reunión o 1 de setembro indicando que o asunto que pretendía tratar era, precisamente, a reversión dos galpóns do muelle.
Imaxino que a vindeira semana, o Presidente de Portos de Galicia me explicará en qué punto se atopa a tramitación do expediente e cáles son os prazos previstos. Pola miña parte só resta reiterar que se trata dunha excelente noticia aínda que se recibe con cautela tendo en conta, sobre todo, que Portos de Galicia aínda non se puxo en contacto con ningún dos concesionarios dos galpóns referidos e que, polo tanto, non hai ningún acordo de pago ao respecto -en contra do que se afirmaba na noticia referida-. Os tres concesionarios teñen boa preterminación para alcanzar un acordo, polo que agardo que o expediente de reversión e a demolición dos galpóns poida realizarse á maior brevidade posible.
A alcaldesa
María Loureiro García