Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación ‘Burela dinámica’ fará a súa presentación en público o vindeiro venres

cartaz_presentacion_B_DinamicaBurela, 19 de Setembro de 2017.- O vindeiro venres, día 22, o salón municipal de conferencias (antiga biblioteca) acollerá a partir das 20:30 horas a presentación en público da nova asociación “Burela Dinámica”. Este novo colectivo, que engloba a veciños e comerciantes da vila, ten o seu cerne na plataforma de afectados polo plan único da Avenida Arcadio Pardiñas de Burela levado a cabo polo actual goberno municipal o pasado mes de maio. Xurde principalmente polas referidas obras de asfaltado e repintado da avenida Arcadio Pardiña, e tamén polo anuncio do Sr. alcalde de peonalizar varias rúas do pobo (Eijo Garay e Pardo Bazán) sen a previa presentación dun proxecto técnico e -unha vez máis- sen falar destes proxectos con ningún sector veciñal ou comercial.
Grazas ao apoio recibido pola xente nestes catros últimos meses, os promotores desta asociación foron conscientes da necesidade de por en marcha en Burela (un dos motores económicos da Mariña e que hoxe está ferido de gravidade) un colectivo que fomente e promova a participación política e social activa nos asuntos que afectan directamente aos veciños deste concello, e non deixarse levar submisamente ante determinadas medidas.
Ademais, “Burela Dinámica” promoverá a colaboración co resto de colectivos burelaos polo ben común do municipio e incentivará aos seus socios a que formen parte da súa directiva.

Exit mobile version