Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro abre o prazo para presentación de candidaturas para formar unha nova Xunta Diretiva

Viveiro 11-9-17. Como Xa se informou ós socios na última Asamblea Xeral celebrada no mes de Xuño, a actual Xunta presidida por Horacio Albo, comunicaba que non continuaría ó frente da Asociación, na que xa leva 6 anos. Ó mesmo tempo, animaba a que se formase un novo grupo de socios que seguira xestionando este magnífico proxecto, iniciado fai máis dunha década e que tan bon resultado está dando como instrumento para dinamizar a área comercial de Viveiro.

Seguindo as bases do Proceso Electoral, o prazo de presentación de candidaturas será de 7 días. As candidaturas deberán ser presentadas por escrito nas oficinas do Centro Comercial Histórico de Viveiro. Estas poderán estar formadas por un máximo de 12 membros e un mínimo de 5.
Unha vez cerrado o prazo de presentación de Candidaturas faranse públicas as mesmas e notificadas a todolos asociados, ó tempo que se abre un periodo de presentación de alegacions de 5 días.
Pasado todo o proceso, convocarase ós socios á Asamblea Electoral o martes 17 de Outubro, na que xa tomará posesión a nova Xunta Diretiva. Previo a esta Asamblea, realizarase unha Asamblea Xeral na que a Diretiva sainte despedirase e informará do estado da Asociación nese intre.

Exit mobile version