Nava Castro agradeceu ás xentes do mar o interese co que manteñen desde hai séculos un legado de embarcacións como as dornas, gamelas e traíñas, de oficios como o das redeiras, de arquitecturas como os faros ou os estaleiros de ribeira, de museos e festas do mar, todo un compendio etnográfico que dáse cita nas páxinas da publicación de Xurxo Lobato. Neste sentido, a directora invitou aos asistentes á presentación a que, despois de ler e gozar do libro, se animen a practicar o turismo mariñeiro, un eido presente na Estratexia do turismo de Galicia 2020 e que pode axudar ao desenvolvemento económico dos concellos costeiros