Site icon Crónica3.com A Mariña

A escola infantil de Alfoz iniciará o servizo de comedor a partir do 2 de outubro

20170921_164205Alfoz 22-9-17. Despois das negocoacións levadas a cabo nos últimos meses entre o Concello de Alfoz e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, a Escola Infantil de Alfoz iniciará o servizo de comedor o vindeiro 2 de outubro.

Nunha reunión realizada na tarde de onte, as familias puideron degustar os pratos que os nenos e netas da escola consumirán ao longo do curso. Aparte das familias, na reunión participaron Manuel Colmenero, xerente de Cociña Culinaria, empresa encargada do servizo, e Beatriz Silva, coordinaora de centros, ademáis de Xabier Pardiñas, tenente alcalde do Concello de Alfoz. Os responsables da empresa explicaron a composición dos menús, cuxos pratos se elaboran a partir dunha receita avalada por unha ficha técnica valorada nutricionalmente por un equipo responsable de calidade e nutrición e totalmenta adaptados ás crianzas de 0 a 3 anos. A empresa tansmitiu a total garantía tanto na elaboración de cada prato como no seu transporte á escola, para que os alimentos conserven todas as propiedades organolépticas e nutritivas dos seus ingredientes. Na degustación dos menús, os asistentes mostraron a súa satistacción tanto pola posta en marcha do servizo como pola calidade e sabor dos pratos ofrecidos.

A posta en servizo do servizo de comedor era unha pretensión do concello de Alfoz, para atender as peticións dos pais, así como para evitar que “algúns usuarios se vaian a escolas de municipios limítrofes pola falta de servizo de comedor”, segundo apunta Carmen Geada, Concelleira de Igualdade e Benestar.

Desde a Concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Alfoz recordan que na Escola Infantil de Alfoz existen prazas vacantes, polo que poñen esta circunstancia en coñecementos dos pais e nais de crianzas en lista de agarda nas escolas infantís de concellos limítrofes.

Exit mobile version