Site icon Crónica3.com A Mariña

A liga de segunda arranca en Vista Alegre con El Pozo (sábado 23, 19.30 horas)

renato-valdepenhas17Burela 22-9-17. Por fin, a liga de LNFS volve a Vista Alegre. O Pescados Rubén Burela FS recibirá mañá, na 2ª xornada de Segunda División, a ElPozo Ciudad de Murcia. O partido, que comezará ás 19.30 horas, poderá seguirse en directo por streaming con LNFS.

“Vai ser un encontro moi igualado. Estivemos traballando os cortes e a profundidade que teñen en ataque” explicaba Renato, moi ilusionado con poder conseguir os primeiros puntos da tempada neste complicado reto. “Juanma pediunos oficio e ser fieis ao que estamos traballando nos adestramentos”, advertía o 12 laranxa, artífice dun dos penaltis que lles deu aos mariñáns o pase a dezaseisavos da Copa do Rei esta semana, fronte ao Auzoak Ziérbena. “Foi un partido difícil, como esperabamos, nunha cancha difícil, pero por fortuna, con traballo e coa sorte dos penaltis, ao final puidemos gañar”.

ElPozo, que adestrará esta tarde no pavillón burelao, chega á Mariña con 3 puntos na súa cuadrícula, tras impoñerse por 2-1 ao Manzanares na primeira xornada.

Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 4. Víctor, 5. Hélder, 6. Luisma, 7. Chus, 9. Colacha, 10. Matamoros, 11. Cora, 12. Renato, 13. Álex, 14. Pope, 19. Luismi, 20. Kelson

Convocatoria ElPozo Ciudad de Murcia: 3. Josema, 15. Guillamón, 16. José Mario, 23. Piqueras, 27. Yera, 28. Cobarro, 29. Tabuenca, 30. Gilbert, 34. Paniagua, 36. Sanabria, 38. Cámara, 44. Gambín

Carnés dispoñibles
Os socios/as laranxas que aínda non recolleran o seu carné poderán facelo en Vista Alegre mañá, coincidindo co partido. Durante a semana, están dispoñibles na oficina da entidade (avenida Arcadio Pardiñas 91, baixo).
Horario de atención ao público: De luns a xoves entre as 10.00-14.00 e as 16.00-19.00 horas e os venres de 10.00 a 15.00 horas
Tarifas de socios/as para 2017-18
Individual: 80 euros Familiar: 140 euros
Xubilado: 50 euros
Abono 25 (de 18 a 25 anos): 25 euros
Menores de 18 anos: Gratuíto

Santiago Futsal, en Copa do Rei
Dezaseisavos de Copa do Rei terá arrecedendo irmandiño en Vista Alegre. O Pescados Rubén recibirá o Santiago Futsal nesta eliminatoria, a partido único, que se disputará entre o 10 e o 11 de outubro.
•Noia Portus Apostoli – O Parrulo Ferrol
•Pescados Rubén Burela FS – Santiago Futsal
•Deporcyl Guardo FS – Aspil-Vidal Ribera Navarra
•Castelldefels CCR – Catgas Energía
•Bisontes Castellón – Peñíscola RehabMedic
•Rivas Futsal – Levante UD FS
•Real Betis Futsal – Palma Futsal
•Tenerife Iberia Toscal – Gran Canaria FS
•CD UMA Antequera – Jaén Paraíso Interior
•Software DELSOL Mengíbar – Plásticos Romero Cartagena
•FS Valdepeñas – Ríos Renovables Zaragoza
•Manzanares FS – C.A. Osasuna Magna
•Leganés FS – Naturpellet Segovia
•ITEA Córdoba CF Futsal – ElPozo Murcia

Exit mobile version