Site icon Crónica3.com A Mariña

A Mariña non acepta a reforma da lei da saúde que intenta impoñer a Xunta

A Mariña, 15 de setembro de 2017. No percorrido que a Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña está realizando por toda a comarca, hoxe estiveron en Ribadeo o portavoz da mesma, Victor Vila, Loli García Docobo e Evaristo Lombardero, profesionais da sanidade @s tres, que informaron ás veciñas e aos veciños e a colectivos sociais reunidos en asemblea, das consecuencias que o Anteproxecto de lei polo que se modifica a Lei 8/2008 de Saúde de Galiza vai supoñer para Ribadeo e para A Mariña, coa supresión da condición de Área Sanitaria que ata agora tiña esta comarca.
Con esta modificación lexislativa o Partido Popular impón un modelo no que perden atención e competencia as comarcas en favor das grandes cidades e dos grandes complexos hospitalarios, concentrando neles os servizos en detrimento dos hospitais comarcais; convertindo A Mariña nun distrito sanitario, restando recursos materiais e humanos ao Hospital da Costa, e alonxando a sanidade pública das usuarias e dos usuarios.

Desde a Plataforma incidiron no feito de que xa desde a creación no 2013 da EOXI de Lugo (Estructura Organizativa de Xestión Integrada) o Partido Popular restoulle autonomía á Mariña e ao Hospital da Costa, privando á dirección deste centro do control orzamentario e dos recursos. Cuestión que agora queren certificar con esta modifcación lexislativa, “legalizando” o traslado forzoso de profesionais e o traslado permanente de doentes da comarca para ser antendidos na sanidade privada de Lugo.

A Atención Primaria, tamén en perigo
Outra das consecuencias da supresión da Área Sanitaria – e a conseguinte perda de control e competencias do Hospital da Costa- é o progresivo deterioro da Atención Primaria na comarca, xa que vén sufrindo importantes eivas desde a creación da EOXI; constatándose que non hai investimentos nos centros de saúde para reformas ou obras estructurais signficativas en ningún deles e con falta de persoal en moitos deles , mesmo non cubrindo sistematicamente as baixas laborais.
Un claro exemplo do deterioro da Atención Primaria é o servizo de pediatría, que está xerando graves problemas nas familias mariñás, servizo que é a todas luces insuficiente en moitos concellos da comarca. Desde a Plataforma aseguran que a respecto deste servizo a Xunta de Galicia e o Partido Popular néganse cinicamente a incorporar máis especialistas en pediatría á sanidade pública galega, negándose tamén a cubrir as baixas e vacacións d@s especialistas. E xerando unha situación de caos na práctica totalidade dos concellos mariñaos para as familias con menores de 14 anos que deben ter atención pediátrica.

Exit mobile version