Na actualidade a torre acolle unha exposición de traxes feitos á man en seda, liño e encaixe de camariñas confeccionados pola deseñadora Remedios Espantoso e unha exposición de cadros do alfocense Hipólito Xeada titulada “Vistas de Alfoz e típicos de Galicia”, que precisamente se inaugura hoxe. Ambas poderanse visitar ata o vindeiro 1 de outubro, así como a exposición permanente do zoqueiro Alberto Geada. Recordamos que a entrada é gratuíta.