Site icon Crónica3.com A Mariña

A plataforma na defensa da sanidade pública da Mariña: “O xerente da área integrada de Lugo e o PP minten”

A Mariña, 19 de setembro 2017. A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña saíu ao paso das declaracións terxiversadoras e alonxadas da realidade realizadas polo xerente da Área Integrada Sanitaria de Lugo, Ramón Ares. Foi na asamblea informativa celebrada esta tarde en Lourenzá, onde interviron Belén Fanego, Montse Porteiro, Evaristo Lombardero e Adolfo Corral.

Desde a Plataforma afirman que o xerente provincial non é quen de xustificar o proxecto para decapitar a Area Sanitaria da Mariña, por que ainda non foi capaz de aportar un informe de xestión da mellora organizativa nin económica da aplicación da EOXI (subproducto experimental absolutamente fracasado no económico e no organizativo). E sen este informe de mellora, siguen para adiante e tiran pola borda a Área da Mariña, porque non xestionan en función das necesidades sanitarias desta comarca, porque simplemente minten.

Ante a falta de argumentos de Balseiro e de Daniel Vega agora retoma o seu mesmo discurso o xerente provincial negando as evidencias.

E minten todos, minten os cargos políticos do PP e faltan á verdade tamén os tecnócratas designados por este partido para aniquilar a Área Sanitaria da Mariña, porque diante da falta de capacidade de convicción, por carecer de argumentos, e tamén polas limitacións dialécticas dos señores José Manuel Balseiro e Daniel Vega aparece agora o señor xerente para negar a maior, o que é mais grave ainda, porque esta persoa sí que tén coñecemento de causa, pero a súa misión non é outra que executar fielmente o que Feijóo tén deseñado para esta e outras comarcas do país: recortes, derivacións á privada, e alonxamento da cidadanía dos servizos sanitarios.
E continúan explicando @s membros da Plataforma: tomemos tan só o exemplo visible da obra de ampliación do Hospital da Costa, unha boa metáfora da “non mellora” que nos agarda. Poñamos a obra en curso, e contrastemos coa información que nos dá nas entrevistas o Sr. Ares coa maqueta (que ainda se pode ver na entrada principal do hospital). Foi moi bonito vir a inaugurar unha maqueta espectacular co coro de palmeiros habitual, maqueta que pouco tén que ver coa obra que se está a executar. Donde está o aparcadoiro de tres alturas e heliporto enriba?, Donde está o heliporto na fachada oeste que aparece na maqueta?. Despois de todos os problemas que tivo para ser autorizado por navegación aérea, na mente de tod@s ainda está a esperpéntica imaxe de helicópteros desviados á explanada do porto de Burela para recoller doentes trasladados ata alí en ambulancia.

A modificación lexislativa que pretende aprobar o PP confirma o deterioro continuo da asistencia sanitaria na comarca desde a implantación da EOXI de Lugo
O PP non dá saído da espiral de falsedades na que está inmerso e cando desde a xerencia provincial se dí que a asistencia sanitaria, a carteira de servizos ou o achegamento á poboación non cambia con esta modificación lexislativa que según eles só lle dá rango normativo á situación actual, estan confirmando que o deterioro na asistencia, a perda de servizos e o alonxamento da poboación que se venen observando, constatando e denunciando por parte da Plataforma e usuarias e usuarios desde a implantación da EOXI de Lugo en 2013, vai seguir na mesma liña e agravándose ainda mais. Sobran exemplos do acontecido nos últimos catros anos: a atención primaria abandonada, sen ningún investimento en obras necesarias en moitos centros de saúde con falta de recursos humanos tamén en moitos deles. E o que xa non é de recibo é afirmar que a falta continuada e prolongada de especialistas en pediatría en moitos centros de saúde por non cubrir siquera as baixas débese a unha cuestión de modelo. Esto xa raia o descaro. E tamén son exemplos claros que sufren as mariñás o os mariñaos día sí e día tamén, a derivación de moitas ciruxías a clínicas privadas de Lugo, ciruxías que normalmente se viñan realizando no Hospital da Costa.

Exit mobile version