Site icon Crónica3.com A Mariña

A presentación do novo curso das escolas deportivas municipais de Foz será este martes, na casa da Cultura e as actividades comezarán o 2 de outubro

Nas escolas deportivas municipais focenses poderán participar todos os alumnos nados entre os anos 2012-2002 (ambos inclusive). Deberán entregar unha fotocopia da tarxeta da seguridade social, adxunta coa ficha. As cotas de inscrición para as actividades son as seguintes: 15 euros ao mes para os nenos/as que vaian a unha actividade; 17 euros ao mes para os nenos/as que vaian a dúas ou máis actividades. As familias numerosas terán un desconto do 50 por cento. As fichas de inscrición entregaranse na Casa da Xuventude.

Exit mobile version