Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta aclara que o Concello de Trabada non presentou alegacións ao novo plan de transporte público

Lugo, 1 de setembro de 2017.- O Concello de Trabada non presentou alegacións durante o trámite de exposición pública do novo mapa de transporte por estrada, polo tanto non amosou a súa disconformidade cos horarios e rutas por autocar que operan no seu municipio.

Así o aclaran desde a Delegación territorial da Xunta en Lugo para saír ao paso das declaracións efectuadas en pasadas datas pola alcaldesa desta localidade nas que aseguraba agora, co plan en marcha, que solicitaría cambios nos itinerarios.

Outros concellos da comarca si participaron neste trámite de alegacións, como por exemplo os de Alfoz e O Valadouro, que foron aceptadas desde o Goberno galego que deseñou e acordou novas paradas e novas liñas de transporte nestes municipios, así como a súa conexión cos centros educativos e o Hospital da Costa.

A administración autonómica aclara que a única xestión desenvolvida polo Concello de Trabada foi responder ao cuestionario remitido pola Xunta para poder desenvolver o estudo de necesidades de cada municipio.

Exit mobile version