CONCENTRACIÓNS EN TÓDOLOS CENTROS SANITARIOS DA COMARCA
Hoxe, o Órgano de máxima representación da Área Sanitaria da Mariña, A XUNTA DE PERSOAL, celebrou concentracións en tódolos centros sanitarios da Comarca para novamente ESIXIR a RETIRADA do anteproxecto de Lei que pretende borrarnos do mapa como Área Sanitaria e RECLAMAN a capacidade de xestionar dende a Comarca tanto os centros de saúde como o hospital Mariñán para deste xeito, ofrecer unha prestación sanitaria de proximidade.
A modificación da Lei de saúde o que prentende é legalizar a mobilidade de profesionais cara o Hula e centralizar no gran Hospital as intervencións cirurxicas e as probas diagnosticas.
Rechazan enerxicamente pertencer a Área Sanitaria de Lugo, xa que iso significa centralizar os recursos sanitarios na capital e incrementar os desprazamentos da cidadanía da Mariña cara LUGO.
A Mariña precisa ser un Área Propia con decisión propia tal e como o é a Comarca do Ferrol, sentenzan.
XUNTANZA CO CONSELLEIRO DE SANIDADE.
Dende o órgano de representación das traballadoras e traballadores instan ao Conselleiro de Sanidade a dar explicacións públicas nunha asemblea no Salón de Actos do Hospital da Costa sobre a reforma da Lei de Saúde, que entre outras cousas, suprime a Área Sanitaria da Mariña con consecuencias asistencias e laborais.
“Parece que ao PP só lle interesa visitar o Hospital para facer propaganda. Primeiro anunciando investimentos que nunca chegan. Despois anunciando prazas que non se crean e, por último, defendendo iniciativas totalmente baleiras de contido e sen ningún tipo de repercusión real nas persoas usuarias e profesionais do centro”, afirman dende a Xunta de Persoal.
DESMANTELAMENTO E CENTRALIZACIÓN DA SANIDADE.
O órgano de representación das traballadoras e traballadores entende que o obxectivo do PP con esta reforma é avanzar nas políticas de desmantelamento da sanidade pública -dando cabida á iniciativa privada-, provocar unha perda do número de camas e servizos nos hospitais comarcais, dificultar a accesibilidade aos servizos sanitarios, paralizar a reforma da atención primaria, reducir o número de traballadores/as e precarizar as súas condicións laborais.
ÁREA SANITARIA PROPIA
A Xunta de Persoal incide ademais na necesidade de que A Mariña sexa un área sanitaria propia, sen depender de Lugo como ocorre na actualidade, que xestione os recursos humanos, materiais, de infraestruturas e coordine a atención especializada coa atención primaria.
Unha xerencia de área sanitaria próxima, con funcións de identificación de necesidades de saúde, planificación e xestión asistencial, de saúde pública e saúde laboral e socio-sanitaria. Isto posibilitaría un modelo integral “que favoreza o coñecemento dos problemas de saúde da súa zona e, ao mesmo tempo, a eficacia e a continuidade da atención, co lóxico beneficio para os usuarios e usuarias