O voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, explicou que “en prol de acadar a través deste programa a maior empregabilidade posible, e co fin de conxugar a oferta coa demanda real da provincia, ábrese este prazo para recoller os perfiles laborais ou profesionais das persoas pertencentes a estes colectivos. Todos eles incorporaranse a unha base de datos que permitirá ao tecido empresarial coñecer inicialmente os recursos humanos dispoñibles”.
Ben Empregado 4
O Goberno da Deputación aprobou o Ben Empregado 4, máis social!, unha nova edición desta programación en impulso do emprego dotada de 2,2 millóns de euros, que permitirán a xeración duns 150 novos postos de traballo de calidade no conxunto do territorio lugués. Inclúe axudas dun máximo de 22.000 euros, dirixidas a empresas e colectivos sociais de toda a provincia, para a contratación, durante 1 ano, de novos traballadores cos que, ademais de facer fronte ao taxa de paro, contribúese á actividade de autónomos, PEMES e asociacións lucenses co obxectivo de dinamizar a economía da provincia e impulsar á importante labor social do tecido asociativo.
Contempla tres liñas de financiamento:
1.- Financiarase ao 100% os custos laborais de novos traballadores en empresas da provincia cando se traten de persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral.
2.- Financiarase ao 90% os custos laborais de novos traballadores en colectivos sociais lucenses para contribuír á importante actividade que desenvolven na provincia en atención á cidadanía.
3.- Financiarase ao 50% os custos laborais de novos traballadores en xeral en empresas de toda índole e da provincia.
Máis social
Puntuarase favorablemente ás entidades e asociacións que ofrezan contratación indefinidas; que melloren as condicións laborais dos traballadores con respecto aos seus convenios sectoriais, así como as que ofrezan medidas de responsabilidade social e corporativa. O conxunto das cláusulas sociais incorporaranse aos contratos dos traballadores.