Site icon Crónica3.com A Mariña

Alfonso Villares: “Dendo o Concello entendemos que a organización de eventos como a cabalgata de reis debe recaer no pobo”

190917 Reunión CabalgataCervo, 19 de xaneiro de 2017.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e demais membros do equipo de Goberno, convocaron ás diferentes Asociacións de San Ciprián a unha xuntanza que tivo lugar na Casa da Cultura.

Villares sinalou que se abordaron diferentes temas, entre eles, e fundamentalmente, a organización da Cabalgata de Reis, que é o evento que temos máis próximo e que está pensado basicamente para os nenos e nenas de San Ciprián; “pero a día de hoxe non hai ninguén interesado en levalo adiante”.

O rexedor recordou que os últimos nove anos foi “a Asociación Península da Paz a que levou as rendas da Cabalgata, facendo un traballo inconmensurable que lle temos que agradecer infinitamente, convertendo a San Ciprián nun gran escenario para os máis pequenos da casa cada 5 de xaneiro”.

Villares puntualizou que para conseguir ese gran resultado, era moito o traballo que desempeñaban ao longo de todo o ano e as horas de dedicación, e entendemos que agora, neste ano, “queiran pasarlle o relevo a compañeiros e compañeiras doutras asociacións, aínda que xa apuntaron que estarían dispostos a guiar e a botar unha man en todo aquelo que se precise”.

Na reunión expuxemos, pois “o contexto no que nos atopamos neste intre, e fixemos un chamamento á colaboración veciñal e entre asociacións, para que entre todos estuden levar adiante a actividade, tendo en conta, ademais, que Península da Paz comprometeuse a ceder os traxes e a infraestrutura que foron reunindo neste anos; e dende o Concello, como non podería ser doutro xeito, brindaremos todo o apoio e axuda necesaria, como sempre vimos facendo”.

Vilares puntualizou que se non hai ninguén disposto a asumir a organización da Cabalgata, “os nenos non se quedarán sen ver aos reis magos, pero, é evidente, que teríamos que programar un acto moito máis modesto e sinxelo”.

Esa reunión foi unha primeira toma de contacto coas Asociacións, que se comprometeron a valorar a situación, e haberá unha nova convocatoria nos vindeiros días “aberta a todos os veciños e colectivos do pobo”.

Exit mobile version