Site icon Crónica3.com A Mariña

Arranca a división de honra en Vista Alegre

xuvenil-rodiles17Burela 21-9-17. O Pescados Rubén Burela FS arranca a tempada en Liga de División de Honra Xuvenil este domingo, en Vista Alegre, coa visita do Cidade de Narón (19.00 horas).

O conxunto xuvenil que volverá dirixir Christian Fustes, con Mario Pillado como delegado e Simón Martínez como preparador físico, estará composto por Luismi Nieto, José Luis Sáez, Adilson de Jesús, Edmilson Gomes, Christian Rivas, Xosé Cayón, Sergio Rivas, Luka Eijo, Aarón Artime, Heurickson Gomes, Víctor Pedreira, Bruno García e Jairo Ares.

Outros compromisos

A canteira burelista desprazarase a Guitiriz o sábado pola tarde para disputar amigables nas categorías Xuvenil, Cadete, Infantil e Alevín (horarios adxuntos). O Xuvenil B mediuse onte ao Concello de Begonte en Bahamonde con vitoria laranxa por 0-3.

Exit mobile version