Site icon Crónica3.com A Mariña

Arranca con normalidade o curso para os máis de 3.100 alumnos da ESO, bacharelato e ensinanzas de réxime especial da Mariña

_JML3388Viveiro (Lugo), 15 de setembro de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañou esta mañá aos alumnos e alumnas do IES María Sarmiento de Viveiro no primeiro día do curso 2017/18, que arranca hoxe para máis de 3.100 persoas na Mariña, entre escolares de educación secundaria e bacharelato e estudantes de ensinanzas de réxime especial. A normalidade foi a tónica xeral nesta xornada de incorporación ás clases, ao igual que no conxunto da provincia.

O delegado aproveitou a visita ás instalacións deste centro para darlles a benvida aos alumnos na súa primeira xornada lectiva, así como para comprobar o resultado da ampliación levada a cabo pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no centro. O instituto estrea este curso as novas instalacións, nas que se investiron 400.000 euros.

A actuación consistiu na habilitación de catro aulas, unha por planta, que ocuparán finalmente alumnos da ESO. O instituto gana 400 metros adicionais con aulas de 50 metros cadrados, baños, corredor e escaleiras. As obras remataron con certa demora sobre os prazos previstos porque a primeira empresa adxudicataria entrou en concurso de acreedores.

Balseiro subliñou que esta remodelación “ofrece máis espazo neste centro é mais confort, seguridade e mellores condicións para a comunidade educativa, profesores, alumnos, pais e nais”.

Outra das novidades que presenta este curso no María Sarmiento é o cambio na modalidade de comedor, xa que abandona o catering e os menús serán cociñados no propio centro.

A primeira xornada lectiva transcorreu sen incidencias na provincia de Lugo, onde comezan o curso máis de 15.100 persoas. As cifras de matriculación non serán definitivas ata dentro dunhas semanas, dado que aínda nos últimos días se realizaron exames de recuperación en secundaria. De feito, neste total tampouco se contempla o alumnado de FP, ensinanzas nas que aínda é posible matricularse.

Exit mobile version