Baixo o lema ‘O Voso Legado, A Nosa Historia’ e coa paixón e sentimento dalgunhas das familias que nos acompañan dende hai anos, como os Novoa, Mera Río, Rodríguez Rivas ou Díaz e Mon, o club laranxa presenta o novo exercicio con baixada de prezos en todos os seus abonos e acceso gratuíto para os menores de 18 anos, tanto para os partidos de Primeira División RFEF coma de Segunda División LNFS.
Tarifas de socios/as para 2017-18
Individual: 80 euros
Familiar: 140 euros
Xubilado: 50 euros
Abono 25 (de 18 a 25 anos): 25 euros
Menores de 18 anos: Gratuíto