Site icon Crónica3.com A Mariña

CATALUÑA, O FUME QUE TAPA A CORRUPCIÓN

Cataluña é o verdaderamente preocupante, pero como música de fondo seguen saltando nos xulgados novas faíscas de corrupción, iso si non se queiman, casualmente, os expedientes dos procesos contra os presuntos corruptos como pasou en Valencia. Por suposto que o despropósito independentista tennos a todos ata o carallo, porque entrou en niveis de posicionamiento e case odio entre os mesmos cataláns e co resto dos españois. Rajoy foi un mal, pero que moi mal xestor do asunto catalán. En 2012 percorreu España buscando adeptos contra o Estatut aprobado na Cortes españolas e no Parlament, o impugnó e conseguiu que se anularan os artigos consensuados que mantiñan a calma entre o estado central e a autonomía catalá. Despois négase en redondo a conversar, a sentarse nunha mesa e falar, negociar, como fan as persoas normais, como é lóxico e de sentido común, que di el constantemente para xustificar o seu facer ou non facer en todo. Erróneamente pensaba que poñéndose de cu e non mirando o que pasaba ía deixar de suceder, como os nenos que se tapan os ollos cando teñen medo. Rajoy é un gobernante con moitísimo medo e ningunha valentía, cada medida que adopta é para bunquerizarse, non ten visión do que deixa fóra, tres millóns de españois cataláns que queren falar das condicións da súa autonomía, que teñen dereito a ser escoitados e comprendidos, polo menos.

Agora o conflito desbordouse, un xogo de egos, un pulso belicoso personalizado entre o PP e o Govern, dous machos alfa rompéndose os cornos a ver quen é máis burricán. O deber dun pai é escoitar a todos os seus fillos, tamén aos rebeldes e protestones e saber encaixar ou negociar as súas aspiracións para que a familia siga convivindo na súa engranaje. Rajoy é un problema para este estado, nin sequera foi capaz de manter limpa de corruptos a súa propia casa.

Exit mobile version