Site icon Crónica3.com A Mariña

Celebrouse o 20 aniversario da Peña Deportivista “Pardo de Cela”, de Alfoz

Entrega camiseta (1)Alfoz 5-9-17. Coa chegada desde A Coruña do autobús fretado pola Federación de Peñas do Deportivo, deu comezo a festa de aniversario no Souto de Correlos.
No bus viaxaban, ademais de representantes de numerosas peñas do ámbito xeográfico coruñés, Quique Calvete, directivo do RC Deportivo da Coruña, e Antonio Rama, portavoz da FEPEDEPOR (Federación de Peñas do Deportivo).
No xantar estiveron presentes tamén representantes de todas as peñas deportivistas da Mariña.
Tras o xantar, tivo lugar un intercambio de agasallos:
A FEPEDEPOR fixo entrega dunha insignia a Enrique Lorenzo, presidente da Peña “Pardo de Cela”, este á sua vez, regalou unhas figuras de Sargadelos ao directivo do club e mais ao reprentante da FEPEDEPOR; e o Concello de Alfoz, a través do seu alcalde, obsequiou ao RC Deportivo da Coruña cunha figura do castelo de Alfoz.
A seguir leváronse a cabo varios sorteos entre o público que participou no xantar, un balón coas cores do club, unha camiseta da tempada actual e un chaveiro de prata co escudo do equipo coruñés.
Até ben entrada a noite, os participantes bailaron ao son do “Trío Forza Dépor”.

Exit mobile version