Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezou en Ribadeo o novo obradoiro de emprego doc-tic, no que traballarán durante 6 meses 15 mozos e mozas desempregadxs menores de 30 anos

290917 Foto obradoiro RibadeoRibadeo, 29 de setembro de 2017. Comezou unha nova andadura do Obradoiro de Emprego DOC-TIC, na que participarán 15 mozos e mozas menores de 30 anos, todos eles desempregadxs. Terá unha duración de 6 meses e todos os participantes terán a oportunidade de adquirir novas competencias laborais para facilitar a súa incorporación no mercado laboral.
Os traballos que se realizarán dentro deste obradoiro “coma obxecto e continuación son a ordenación e clasificación do arquivo municipal, a dixitalización e difusión da documentación municipal (histórica e administrativa), asemade se continuará na dixitalización das actas documentais. Todo este traballo permitirá o afondamento e coñecemento da historia das actas municipais e da valorización do patrimonio documental”, segundo explican desde a Concellaría de Desenvolvemento Local.
Os módulos formativos que se desenvolverán e que levan asociado un certificado profesional son: produción fotográfica e arquivística e xestión documental.
As persoas que participan neste obradoiro acudiron esta mañá ao salón de plenos do Concello onde recibiron a benvida do alcalde, Fernando Suárez, e da concelleira de Desenvolvemento Local, Ana Martínez. Con eles estivo tamén a directora do obradoiro, Nieves Martínez.

Exit mobile version