Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezou este venres a xuntanza do proxecto Networking on mobility and innovation in vocacional training na que están a participar profesores de FP chegados desde Polonia, República Checa, Italia, Estonia e Croacia

140917 Foto Apaga proxecto Erasmus 1O socio de acollida deste programa europeo é a Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, que preside o ribandense Álvaro Doural. Tras a xornada matinal de traballo e o xantar os asistentes están a facer unha visita polo casco antigo de Ribadeo e irán tamén á praia das Catedrais. Este venres, desenvolverase unha nova xornada de traballo e avaliación final do proxecto no que levan traballando desde o ano 2015 e analizarán a solicitude dun novo en 2018. Pola tarde ás 20 horas terá lugar unha presentación do devandito programa a outras entidades da Mariña luguesa. Os asistentes a este encontro visitarán o sábado as localidades de Barreiros e Mondoñedo. Pola noite terá lugar unha cea de despedida e o domingo finalizará a súa estadía en Ribadeo co retorno aos seus países de orixe.

Exit mobile version