Certo é que xa levo un tempo con gañas de escribir un artigo a propósito da universidade, daquela universidade que coñecín, da universidade do noso tempo, do seu papel pasado e presente. O desexo que me leva ata aquí reforzase nos últimos intres dado o papel protagonista de moitos dos seus máis ilustres representantes.
Pensemos nese espazo chamado universidade como un lugar de vangarda, coma a dianteira intelectual dunha sociedade que se constrúe por medio do seu sistema educativo e da que esta ocuparía o último escalafón xerárquico, sería “a xoia da coroa”.
Sendo así non resulta estraño que moitas das principais sinaturas do noso tempo, a meirande parte da intelectualidade e gran parte da publicación académico/científica proveña dela. Podería pensar alguén ben-intencionado que este é o espazo de concepción e confrontación de ideas, un sito no que afiar o pensamento, no que convertelo en algo arriscado e agresivo.
Como esquecer a figuras representativas do coñecemento humanístico como o finado José Luís Sampedro, que alternaba a prosa coa economía, que foi reivindicado, nos seu último tempo, como un referente ético e estético dunha academia que tamén estaba nas rúas. Algo semellante, en versión patria, aos existencialistas franceses.
Presencia perenne tamén a de referencias locais como Xosé Luis Barreiro, Carlos Aymerich, Roberto Blanco Valdés, Miguel Anxo Bastos, Pedro Puy e moitos outros, xa sexa no eido da formación de opinión ou no tocante á vida política ou as institucións.
O fenómeno político máis novidoso da parrilla de partidos estatais cociñouse tamén nas aulas da Complutense, alí preparouse o caldo mediático e coceuse o asalto ás institucións.
Polo exposto nos párrafos anteriores debera concluír o querido ouvinte a cardinal importancia dun lugar, a academia, a universidade, que como derradeiro bastión do sistema educativo, debera ser o maior laboratorio de emancipación social.
Aínda que poida que a descrición máis axeitada do sistema actual a dera un dos nosos máis prolíficos e solventes académicos, Gregorio Morán, quen afirmaba que universidade actualmente estaba absolutamente podre. Pero tampouco hai que preocuparse máis da conta, na mesma proporción que todo o demais.
A universidade que eu coñecín, no seu termo xeral e deixando ao marxe as honrosas excepcións, era nepotismo puro; partía dun ingreso na carreira académica que se facía a través dunha tese doutoral e o director da mesma non tiña ningunha obriga de realizar un seguimento axeitado. Era política da mala, grupos de familias que funcionaban a través do intercambio de favores.
A universidade na que estiven estaba totalmente afastada da praxis, estaba composta por teóricos que, na súa maioría, non coñeceran traballo fora da universidade. Naquel lugar a cátedra era coma un escano no congreso, había que facer primeiro carreira interna.
Pero nesa evolución da universidade tardo-franquista ata os nosos tempos poida que a crítica menos resistible caia sobre a perda de valores humanistas, a ausencia de disensión intelectual a uniformidade dun sistema onde o que se movía moito non saía na foto.


















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



