Site icon Crónica3.com A Mariña

Concertos de promoción da Escola Municipal de Música de Xove

CONCERTO DIDÁCTIVO NO COLEXIO PEDRO CASELLES (2)Xove 22-9-17. Este venres, ás 11:00 horas no ximnasio do CEIP Pedro Caselles Rollán (diante de 174 alumnos/as) e ás 12:00 horas no ximnasio do IES Illa de Sarón para uns 90 alumnos/as, catro profesores da Escola Municipal de Música de Xove (cuarteto composto por dous violíns, unha viola e un chelo) realizaron un pequeno concerto en cada un dos citados centros educativos, dunha duración de media hora cada un deles. Interpretaron varias pezas clásicas.
Estes dous concertos organízáronse coa colaboración do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.
Con estes dous concertos abreuse o Curso 2017-2018 da Escola Municipal de Música de Xove. Os concertos tiveron unha doble finalidade: cultural, no senso de achegar a música aos nenos e rapaces e, por outro, promocional, xa que se aproveitaron para publicitar a Escola e animar aos alumnos destes dous centros a que se inscriban na Escola de Música.
Ata finais de setembro, no Rexistro de Entrada das Oficinas Municipais, poden realizar a preinscrición na Escola Municipal de Música para o Curso 2017-2018.
Seguindo coa Escola Municipal de Música, o luns, 2 de outubro, ás 20:00 h. terá lugar a presentación oficial do Curso 2017-2018, acto que se vai realizar na sé da Escola en Palmeiro, ao cal están invitados tódolos pais e alumnos da mesma.

Exit mobile version