Site icon Crónica3.com A Mariña

Curso de extracción de resin no Vicedo

cartel resinaO Vicedo 21-9-17. Este venres 22 de setembro ás 13h na Casa da Cultura de O Vicedo será a Presentación do curso gratuito de aprendizaxe das técnicas de extracción de resina que se desenvolverá nos fines de semana do 29 de setembro ao 15 de outubro no Vicedo. Asistirán a esta presentación o Alcalde Presidente do Vicedo, D. José Jesús Novo Martínez, o encargado da Omix, D.José Antonio Quelle Gómez, a representante dos propietarios dos montes onde se impartirán as prácticas do curso, Dª Ana Hermida Lage e os encargados de impartir o curso. D. Raúl Vilela Darriba e D, Francisco José Domínguez Cerviño.
Este curso gratuito está subvencionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través das axudas ás Oficinas Municipais de Información Xuvenil.

O Vicedo conta con monte que alberga grandes oportunidades de aproveitamentos forestais. A existencia de superficies arbóreas de diferentes características dota a este concello de múltiples alternativas a desenvolver, chegando consigo oportunidades laborais que poden executar o veciños da zona.

Integrar as novas tecnoloxías ás prácticas tradicionais no monte, segue a ser un problema que en numerosas ocasións dificulta a creación das novas actividades laborais. A explicación dos procedementos básicos en aplicacións e programas informáticos é un importante achegamento ás integración da xente no rural mediante a creación de postos de traballo ligado ó sector forestal.

Este proxecto xorde da necesidade de mellora económica dos sistemas forestais, na procura de novas alternativas de aproveitamentos que axuden a potenciar o traballo entre a xuventude e fomentar as actividades respectuosas co medio ambiente.

Aparición de xente nova en estado de desemprego solicitando formación, no so a nivel teórico, de novas posibilidades no mundo rural. Unha mostra do mesmo viuse representada na última charla pública “Xornadas forestais” realizada no concello de O Vicedo a data de 18 de marzo de 2017, na que se ofrecían diferentes alternativas de aproveitamentos no monte galego mediante unha exposición divulgativa do estado económico e ambiental da zona.

OBXECTIVO

O obxectivo deste curso é dotar ós participantes dos coñecementos básicos necesarios para comezar una nova actividade laboral no sector forestal. Con isto, o método de traballo consistirá en facilitar unha información mínima ós docentes sobre os procesos de aproveitamentos ligados á sustentabilidade, de xeito que poidan avanzar e desenrolar a súas propias ideas.

Dentro de este marco tan amplo, centrarémonos na explicación dos diferentes procesos e labores necesarias para chegar a ser un resineiro profesional. Os alumnos adquirirán os seguintes coñecementos:

Pasos para comezar como emprendedor.
Localizar aproveitamentos resineiros potenciais.
Estados das masas forestais e protección do medio.
Métodos de obtención de resina.
Ferramentas informáticas de libre acceso para xestionar un aproveitamento.
Contacto con empresas e profesionais do sector.

Información sobre os contidos do curso: 610 20 70 51 (Francisco)
Inscricións e información no mail alternativasforestais@gmail.com ou no tlf 611 41 35 82 ou 610 20 70 51

Exit mobile version