Site icon Crónica3.com A Mariña

Ducias de nenos e nenas participaron esta tarde no Día Infantil, co que deu comezo a programación das festas patronais de Ribadeo 2017

060917 Foto hinchables Ribadeo 2Os máis pequenos gozaron dun tobogán de auga e de hinchables, entre outras posibilidades, e aproveitaron para refrescarse nunha tarde de intenso calor na localidade. A comisión organizadora dos festexos contou para esta cita coa colaboración de Acisa. A festa segue coa charanga Os Charangos que percorrerá as rúas da vila ata as dez e media da noite, momento no que dará comezo o concerto de pop-rock dos anos 70, 80 e 90, que ofrecerá no Cantón o grupo Claxxon.

Exit mobile version