O encontro entre Pescados Rubén Burela e Poio Pescamar comezou con ambos conxuntos moi alegres en ataque e con despistes na súa área o que propiciou un inicio aberto e con chegadas que xeraron perigo. Tras uns minutos de axuste, o Pescados Rubén comezou a controlar o tempo do choque e chegar con maior claridade á meta defendida por Mónica. Superado o ecuador chegou a mellor xogada local e o primeiro tanto da tarde. Cilene asistiu maxistralmente un pase ao segundo pau que foi aproveitado por Julia para marcar o 1-0. Co tanto a escuadra burelista asentouse na pista e aumentou o seu dominio ante un Poio Pescamar que buscaba nos disparos afastados a súa oportunidade pero sen éxito. Nos instantes finais Sofía e Tai gozaron da súa oportunidade para o segundo tanto pero Mónica evitouno e ao descanso chegouse co 1-0. Na continuación, o Poio Pescamar empezou máis enchufado e no minuto 26 conseguiu a remontada con tantos de Ale de Paz e Vanessa. O Pescados Rubén acusou o golpe durante uns minutos pero sacou o seu orgullo para empatar o encontro cun disparo ao bordo do área de Carol, minuto 35. No tramo final as locais apertaron en busca do tanto da vitoria pero o duelo finalizou con empate a dous goles.
FICHA TÉCNICA
Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Cilene, Julia, Tai, Dany -cinco inicial- Sara, Judith, Sofía, Cris, Carol, Lucía.
Poio Pescamar: Mónica, Vanessa, Ceci, Jenny, Ale de Paz – cinco inicial- Patri, Yolanda, Nuria.
Goles: 1-0, m.11, Julia; 1-1, m.26, Ale de Paz; 1-2, m.26, Vanessa; 2-2, m. 35, Carol.
Árbitros: Menéndez Nistal, Coello Martínez. Colexio galego. Cartón amarelo a Lucía do Pescados Rubén Burela.
Incidencias: Partido amigable disputado en Vista Alegre. Gardouse un minuto de silencio en memoria de Beto, ex xogador do Pescados Rubén Burela.