Na segunda parte a escuadra dirixida por Juanma logrou ordenar o seu xogo e levar a iniciativa ofensiva ante un conxunto local que esperaba armado en media pista en busca dun contragolpe. Precisamente cunha rápida transición o Pescados Rubén sorprendeu aos locais para situar o 1-2 ao executar Renato un man a man que acabou nas redes locais. Nesta fase do choque os mariñaos gozaron dos seus mellores momentos de xogo pero o Prone devolveu a moeda do contragolpe para empatar (2-2) por mediación de Abel, minuto 28. Os burelistas mantiveron a calma e, pouco despois, lograron o 2-3 marcado por Luisma.
Sen demasiado perigo en ambas porterías chegouse ao tramo final e o Pescados Rubén apostou polo xogo de cinco que lle xerou un par de ocasións para sentenciar o partido pero que se escaparon por pouco. No último suspiro, sete décimas para o final, o Prone empatou o partido tras un saque de banda que tras rebotar nos xogadores laranxas acabou selando o 3-3 final.
Ficha técnica
Prone Lugo: Sergio Vea, Javaloy, Bargueño, Abel, Luís Carlos -cinco inicial- Óscar Igrexas, Pablo, Nazareno, Manuel, Adrián, Samuel.
Pescados Rubén Burela: Álex, Hélder, Luisma, Chus, Colacha -cinco inicial- Víctor, Cora, Renato, Pope, Mini, Kelson, Pitero
Goles: 0-1, m.2, Colacha; 1-1,m.18, Javaloy; 1-2, m.23, Renato; 2-2, m.28, Abel; 2-3, m.30, Luisma; 3-3 m.40, Óscar.
Árbitros: Pablo Fernández, Adrián Figueroa. Colexio lucense.
Incidencia: Partido amistoso disputado no pabellón Municipal de Lugo. Gardouse un minuto de silencio en memoria de Beto, ex xogador do Peixes Rubén Burela.