Site icon Crónica3.com A Mariña

En Burela seguen as actividades da Semana Europea da Mobilidade

180917 Foto Mobilidade 2Este luns usuarios da Fundación Eu Son participaron nun xogo programado pola Delegación de Medio Ambiente denominado Xogo xigante da Mobilidade. Os rapaces aprenderon a desprazarse de xeito seguro cando son peatóns ou ciclistas. As monitoras de Gaia explican que “o xogo consistía nunha lona con diferentes casillas, e cada unha delas tiña unha pregunta relacionada coas normas de circulación, o equipo que chegaba antes á meta era o gañador, e polo tanto, era o que ten máis coñecementos sobre seguridade vial”. O martes a Semana da Mobilidade seguirá con Andando ao Colexio cos alumnos de 4º de Primaria do CEIP Vista Alegre; Asfalrelatos con Stop Accidentes, con 4º da ESO dos IES Monte Castelo e Perdouro; e pola tarde co circuíto de educación vial de 17:30 a 19:30 na Praza do Concello.

Exit mobile version