Site icon Crónica3.com A Mariña

En curso as obras de sinalización e accesibilidade a recursos turísticos de Alfoz

20170920_103830_resizedAlfoz, 21 de setembro de 2017. O Concello de Alfoz está a executar obras de acondicionamento e sinalización de recursos turísticos cun orzamento total de 54.222,39 €. O proxecto está cofinanciado polo Concello de Alfoz, que investirá nesta obra 13.555,60 € de fondos propios, conxuntamente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), aportando a cantidade de 30.500,09 €, o Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente (MAPAMA), con 3.050,01€, e Turismo de Galicia, que aporta 7.116,69 €.

Os traballos que se están executando consisten no acondicionamento do acceso á Fervenza do Escouridal, a sinalización viaria de recursos turísticos, a sinalización da ruta da Pena Abaladoira á Fervenza do Escouridal e o desenvolvemento da APP de recursos e rutas do Concello de Alfoz “Camiños de Alfoz”.

Ainda que as obras teñen de prazo de execución ata o 15 de Novembro, desde o Concello de Alfoz indican que previsiblemente estén rematadas a finais do mes de setembro.

Exit mobile version