Site icon Crónica3.com A Mariña

Éxito das xogadoras do Club de bolos Xove no campeonato nacional de Gijón

5 XOGADORAS DE XOVE PARTICIPANTES NO CAMPIONATOXove 14-9-17. O pasado fin de semana celebrouse en Gijón o CAMPEONATO FEMENINO DE ESPAÑA DE BOLO CELTA, no que participaron 31 xogadoras das Federacións galega, asturiana e madrileña.
O Club de Bolos Xove desprazou a este campionato 5 xogadores que acadaron uns brillantes resultados:
– Na categoría individual, Julia López tentou revalidar o subcampeonato acadado o pasado ano, pero esta vez a sorte non estivo do seu lado, quedando clasificada en quinta posición, seguida en sexta tamén pola xovense Salomé Cardoso. Tanto Julia como Salomé son dúas das xoves xogadoras con máis futuro do bolo en Galicia; recordamos tamén que Julia é a actual campiona da Liga Sub 16 de Xove e Salomé quedou 3ª na Liga Senior.
– No que atinxe ao campionato por parellas, as xovenses Carmen Roca e Salomé Cardoso acadaron a 3ª posición final, cedendo únicamente diante das campeonas. Tamén a xogadora xovense Julia López, formando parella coa asturiana Noemi, acadaron a 4ª posición final neste Campeonato de España.

Exit mobile version