Site icon Crónica3.com A Mariña

Éxodo xuvenil en Viveiro

Viveiro 20-9-17. Como tódolos anos nestas datas, e xa cansos e tanta gaitada e “promesas que no valen nada” como dicía unha canción, non nos queda outra que denunciar a terrible situación que vive Viveiro.

O Concello novamente, coma no conto da hormiga e da cigarra, prepárase para un inverno duro e famélico. Debido a nula xestión e a previsión a corto, medio e longo prazo, froito da incapaciade de visión de quen goberna e os gurpos que apoian ó goberno sen facer oposición, non velando polos dereitos dos cidadáns, quizáis anden as súas cousas e intereses persoais. Aquí ninguén pensa no mañá, solo en sí mesmos.

Ós seus xóvenes, ó seu garante de futuro non lle queda outra que escapar para comer, gañarse o pan, non hai traballo, e o que hai é precario, nin medios para adaptar a esa xente técnicamente preparada e formada que poden ser os que creen riqueza , estabilidade e faigan viable o proxecto deste Pobo. Hai unha fuga de cerebros e de capital humán por falta de políticas que fomenten o arraigo, a inversión e as gañas de emprender. As empresas e os seus cidadáns non confían en quen nunca xestionou un peso propio, en quen non ten inicitaivas económicas brillantes e un goberno asunte no que a xerar emprego e ser punteiro na economía se refire. Ainda que sí que hai algún rémora e sátrapa que se aproveita e saca froito de estar na política local, capítulo aparte algún día falaremos disto.

E como sempre dicimos reclamamos e insistimos, cansos e que non se diga que non é por aportar ideas que eles mesmos tumban. Queremos a posta en marcha das seguintes propostas:

– Crear un Centro de Negocios, como xa levamos a pleno en papel mollado e tiveron a cobardía de rechazar na ausencia no extranxeiro do presidente desta formación: Para Viveiro de Empresas, Recinto Ferial ou de Congresos, para a información, formación e divulgación dos nosos productos manofacturados ou materia prima ou entidades empresariais,

– Unha Bolsa de emprego Xuvenil para concertar prácticas nas nosas empresas de eses rapaces que voltan á casa están sin expectativa laborais, poden aprender e aportar moitísimos dos seus coñecementos.

-Aproveitar as axudas e promocionar as subvencións que o INJUVE, Dirección Xeral de Xuventude ou Grantía Juvenil teñen e da que moitas veces pasan a pesar de que estos organismos se poñen en contacto para promover en Concellos.

-Bonificar a contribución para o asentamento ou a quen contrate a persoas novas e da zona.

-Potenciar as mesas e consorcios sectoriais ou aportacións para a creación de asociacións e texido empresarial. Así como facilitarlles un espacios onde traballar . Pesca, Turismo, Construcción, Artesanía, Forestal, Gandeiro…

– Ir a sitios financieros e institucións na búsqueda de grandes interesados en invertir en Viveiro, explicando a vantaxas e poñendo en bandexa os numerosos puntos que favorecen para instalarse aquí.

-Consultar a universidades e demáis expertos sobre novos proxectos e como desenrolar a riqueza do mundo forestal e marino. Empregar as axudas de GALP para este último. Criaderos de especies de mariscos o pescados, empaquetado, productos precociñados, conxeados… en madeira prantas de biomasa, resinado, mobiliario e decoración, gastronomía cos árboles frutaies, etc etc.

-Fomentar a creación de empresas e máis si son de xoves que van estar contribuindo a facenda, seguridade social e os servicios públicos nos vindeiros anos.

– Creación de mininaves prefabricadas no polígono e que se poble, así como mimar e negociar condicións con tódolos interesados que os hai en establecerse na nosa vila e enste espazo en concreto.

Existen numerosas propostas e ideas que poden facer que mellore esta problemática para a que non se destina ni un so céntimo, oportunidade única cos cartos recibirán e Diputaciñon ou Xunta, esperemos que non os delpilfarren en farradas como ben sendo norma. Sentarse nunha comisión, na que participen políticos, axentes xuvenís e empresariais para poñer freo as nulas aportacións neste ámbito.

EN FIN QUEREMOS CONSTRUIR FUTURO

Antonio Lage-Seara
NNXX
VIVEIRO

Exit mobile version