
O Ministerio de Fomento asinou este xoves co Ministerio de Economía, Industria e Competitividade un Convenio FID (Fomento da Innovación Empresarial dende a Demanda) para instrumentar a financiación da Compra Pública Innovadora (CPI) que permita a experimentación con prototipos de tecnoloxía innovadora relativos a sistemas de protección antibrétema. Mediante a vindeira licitación de CPI, na modalidade de Compra Publica Precomercial (CPP), abordarase o deseño, implementación e experimentación con prototipos de solucións innovadoras fronte á brétema densa, nun treito da proba anexo ao tramo da autovía A-8 entre Mondoñedo e A Xesta. O obxectivo é validar a súa futura implantación sobre a estrada para minimizar os efectos adversos producidos sobre o tráfico pola brétema densa.