Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz acolle este martes e mércores dúas actividades de cine ao aire libre

Cartel Cine de Verán en Foz Agosto 2017Este martes, no paseo da Rapadoira terá lugar a iniciativa denominada A Caixiña dos Mistos, que ofrece proxeccións e obradoiros de cine para nenos e nenas maiores de 3 anos de idade. E o mércores, día 6, ás dez da noite proxectarase a película Os fenómenos, protagonizada por Lolas Dueñas e Luis Tosar e para maiores de 7 anos. Está previsto que se celebre na praza Conde de Fontao, pero en caso de mal tempo trasladarase á Casa da Cultura. Esta iniciativa da Biblioteca Pública Municipal de Foz, chamada Cine de Verán, está subvencionada pola Secretaría Xeral de Normalización Lingüística, da Xunta de Galicia, dentro do programa FalaRedes.

Exit mobile version