Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz acollerá este fin de semana un torneo internacional de tenis infantil organizado polo club local. Neste evento deportivo colabora o Concello

cartel resinaFoz, 21 de setembro de 2017. As pistas de Marzán acollerán un torneo internacional de tenis infantil desde o venres e ata este domingo, día 24. Neste evento deportivo, que está organizado polo Club de Tenis de Foz, colabora o Concello focense e o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, participou na súa presentación xunto aos membros do club Roberto Paradela e Ramón Cajoto.

Desde o venres, a partires das 17:30 horas loitarán pola vitoria os oito mellores infantís do noroeste peninsular, concretamente os dous mellores xogadores de Asturias, de Cantabria, de Portugal e de Galicia, entre eles o focense Dani García. O sábado a partir das 10 da mañá xogaranse os partidos de segunda e terceira rolda, quedando para a tarde, dende as 17:00 horas, as semifinais. O domingo a partir das 11 da mañá terán lugar as finais.

Exit mobile version