
Luciu o sol este venres na praza da Mariña de Burela para acoller a tradicional da Xornada de Fútbol Sala na Rúa. A quinta edición futbolística organizada pola Fundación Imdecum volveu contar coa colaboración do Pescados Rubén Burela FS e coa activa participación sobre a pista das xogadoras e xogadores laranxas, de Primeira División RFEF e Segunda LNFS. Os nenos/as e adolescentes puideron gozar do balón e do fútbol sala nunha pista de 3×3, con Twoball e concurso de toques. Os mellores habilidades amosaron en cada actividade foron premiados con agasallos da Fundación Imdecum e o Pescados Rubén Burela FS.