Site icon Crónica3.com A Mariña

Garda civil e policía local mantiveron un encontro no Concello de Burela este mércores para mellorar a coordinación entre ambos corpos de seguridade

No Concello tivo lugar unha xuntanza de coordinación entre a Garda Civil e a Policía Local. Ao encontro asistiu o alcalde, Alfredo Llano, que explicou: “o que fixemos foi unha reunión entre as forzas e corpos de seguridade, por un lado estaba representada a Garda Civil e por outro a Policía Local co obxectivo de falar sobre temas de seguridade e cómo coordinarnos da mellor e máis efectiva forma posible. Un dos asuntos abordados foi o terrorismo yihadista”. Para Llano “é unha boa noticia que se impliquen tanto a Policía Local como a Garda Civil, que os dous corpos se coordinen para actuar axiña e da mellor maneira”.

Exit mobile version