Site icon Crónica3.com A Mariña

Goberno da Deputación e Concello premian o esforzo competitivo dos clubs e deportistas de Lourenzá na II Gala do Deporte

PRESENTACIÓN GALA DO DEPORTE LOURENZÁLugo, 18 de setembro de 2017. O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto á Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, e o Concelleiro de Deportes, Francisco Dasilva Rivas, presentou este luns a II Gala do Deporte de Lourenzá, que terá lugar o vindeiro venres 22 de setembro, a partir das 20:00 horas, no Pavillón Municipal do Concello mariñán. No evento premiarase aos mellores equipos e deportistas laurentinos da tempada 2016/2017.

O organismo provincial colabora co Concello de Lourenzá na organización desta cita cunha achega de 8.000 euros, coa que tamén contribúe á celebración doutros eventos deportivos no municipio como o XXI Día da Bici, a VIII Carreira Val das Fabas 2017, a Marcha Cicloturista ou a Milla Popular Concello de Lourenzá.

Rivera Capón subliñou que “falar de Lourenzá é, sen dúbida, falar de deporte. Ao longo do ano colaboramos con diferentes iniciativas que promoven a práctica deportiva no municipio, especialmente entre a mocidade, pois sabemos que na base está o futuro do Concello e da provincia. Esta gala é un un recoñecemento ao esforzo, á dedicación, ao traballo e á superación que caracteriza aos deportistas do municipio, uns valores dignos de ser encomiados e que dende logo nos enchen de orgullo”.

Pola súa parte, López García engadiu que “dende o Concello decidimos organizar unha nova edición da Gala do Deporte en Lourenzá como recoñecemento aos méritos deportivos. Así mesmo, comprometémonos a apoiar e fomentar a práctica do deporte entre a veciñanza laurentina, xa que é un dos piares da xuventude de hoxe en día”.

No transcurso da gala iranse proxectando vídeos sobre os deportistas e clubs galardoados e terá lugar a entrega de premios da man da Alcaldesa e do Concelleiro de Deportes, Francisco Dasilva. O presentador desta segunda edición da gala será o xornalista mariñán Anxo Rivas Pardeiro.

Clubs e deportistas premiados
A)- Club: Escolas Deportivas Lourenzá

Sección Basket
– Equipo Basket Infantil: Subcampión Provincial De Liga Provincial

Sección Fútbol Sala – Fútbol
– Equipo Prebenxamín:Campión Liga. Subcampión Copa. 3º Provincial De F. Sala
– Equipo Benxamín: Subcampión Liga, Subcampión Copa Provincial
– Equipo Alevín: Campión Liga. Subcampión Copa. Subcampión Provincial F. Sala
– Equipo Infantil: Nerea Lombardero Reimondo (A única nena participante nesta liga)
– Equipo Xuvenil: Título Individual de Julio Prado López
– Equipo Afeccionado: Iván Recalde Docampo (Máximo goleador da Liga)
– Lucas Bouso González: Traxectoria Deportiva

Sección Porteiros
– Á traxectoria deportiva a Adrián Cabaleiro Rivas

Sección Patinaxe
– Equipo subcampión provincial

Sección Atletismo
Pista:
– Ainara Rodríguez. Subcampiona galega 300 lisos pista cuberta cadete. Participación Campionato España aire libre e pista cuberta.
– Fernando Vallines Fernánez. Bronce infantil en peso autonómico aire libre.
– Iria Rodríguez Ares: Sucampiona galega de 1000 lisos alevín aire libre
– Carlos Docampo Iglesia. Campión galego salto altura aire libre e pista cuberta
– Mariña Salvatierra Otero. Bronce 1000 lisos autonómico pista cuberta
– Manuel Rodríguez. García. Bronce 2000 lisos Pista cuberta infantil
– David Martínez Janeiro: Bronce salto altura Galego pista cuberta alevín
– Carmen García Vázquez: Bronce salto altura alevín Galego aire libre
– Benito Pérez Goás: Bronce salto de altura autonómico xuvenil.

Trail:
– Xana Rodríguez. Campiona galega cadete de montaña
– Cristian Piñeiro. Subcampión galego cadete de montaña
– Carmen López Diniz. Líder da Copa Galega de Montaña Júnior

Campo a través:
– Equipo Alevín Feminino: Iria Rguez, Noa Valiña, Diana Lastra, Cecilia Gómez, Carmen
García, Aroa González. Subcampionas galegas de campo a través.

Duatlon
Henar Méndez Piñeiro. 10ª autonómica Tomiño, bronce provincial, subcampiona comarcal.

B)- Club: Club Atletismo Lourenzá.
Individual:
– Marcos Rodríguez. Ouro 3000 m35 pista cuberta. Prata Vet A Cros
– Marisa Ares. Ouro 400 m35 pista cuberta. Prat 200 M-35 p. cuberta. Bronce 50 M-35 pista cuberta. Prata VetA cros.
– Loli Piñeiro. Prata 800 e 400 M-35p. cuberta. Bronce 1500 M-35 p. cuberta. Campiona cros. Prata 400 m35 pista aire libre. Bronce 100 m35 aire libre. Bronce 800 m35 aire libre.
– Oscar Buján. Ouro Senior cros a Mariña. Subcampión Absoluto cros.
– Juan Méndez. Prata 400 m-35 aire libre

Equipos:
– Equipo Masculino campión cros comarcal a mariña lucense
– Equipo Feminino campión cros comarcal a mariña lucense

Exit mobile version