Consiste nun percorrido en bicicleta de 79 quilómetros entre as montañas que rodean o Val de Lourenzá. Poden participar todos os interesados a partires dos 15 anos de idade, pois tamén hai unha proba cronometrada no treito final, que é de case 4 quilómetros, con premios para os mellores de cada categoría (júnior, sénior, máster…).
Ata o momento, hai preto de 70 persoas anotadas. As inscricións poden facerse en www.championchipnorte.com. O prezo é de 10 euros para os ciclistas con licenza federativa e de 26 euros para os non federados.
Goberno da Deputación e Concello promoven conxuntamente esta iniciativa mediante unha achega de 3.000 euros e dentro da súa aposta compartida polo impulso do turismo e do deporte para factores que dinamizan economicamente e social a provincia. Tamén colabora na organización o Clube Ciclista Viveiro.
Percorrido, proba e premios
A xornada arrancará o domingo, 10 de setembro, ás 09:30 horas, dende a Feira Nova. O percorrido estará sinalizado por Lindín, A Cadeira e O Picato. O treito final, que será o cronometrado, terá lugar dende Tovar ata a Cadeira, “un enclave único para todos os amantes do ciclismo que desexen desfrutar dunha xornada deportiva e de lecer”, apuntou a Alcaldesa. Este consta de case 4 quilómetros cun desnivel medio do 10%.
Haberá premios para os mellores de cada categoría na proba cronometrada: Júnior de 15 a 17 anos; Sénior de 18 a 29 anos; Máster-30 de 30 a 39 anos; Máster 40 de 40 a 49 anos; e Máster 50 de 50 anos en adiante.
Inscricións e xantar
O prezo da inscrición é de 10 euros para os ciclistas con licenza federativa e de 26 euros para os non federados. Od participantes que desexen xantar na vila ao final da marcha poderano facer aportando 5 euros máis á inscrición. O xantar celebrarase nas instalacións da Feira de Lourenzá. Inscrición aberta en www.championchipnorte.com.