Site icon Crónica3.com A Mariña

Mondoñedo dá comezo este venres ás patronais de Nosa Señora dos Remedios coa celebración da terceira Festa da Xuventude

Mondoñedo, 7 de setembro de 2017.- Mondoñedo dá comezo este venres ás festas patronais de Nosa Señora dos Remedios coa celebración da terceira edición da Festa da Xuventude, que terá lugar a partir das once da noite na Praza do Concello da cidade.

O programa Festa da Xuventude, organizada polo Concellería de Xuventude, reúne sobre o escenario ao artista revelación Borja Rubio e ao grupo de alumnos da Escola de Música de Mondoñedo composto por Alex Barreira, Sara Pena, Belén Ramos e Pablo Maseda. O cartel complétase cos djs mindonienses Vitor Pumariño e Leivas e máis co pontevedrés AR3S.

Tamén mañá venres, previo á celebración da Festa da Xuventude, ás 19.00 horas será o disparo de potentes bombas anunciando o inicio das festas; e trala celebración, ás 19.30 horas, da misa da penúltima Novena dos Remedios; haberá ás 21:00 horas un concerto da banda de música Sons e Soños na Praza da Catedral, que actuará conxuntamente coa Banda Municipal de Música Pascual Veiga. En caso de mal tempo, o concerto trasladarase ao auditorio municipal.
Durante hoxe xoves e mañá venres terá lugar tamén unha xornada de convivencia das Escolas Municipais de Música de Rábade, Begonte, Outeiro de Rei e Mondoñedo.

Sábado, día 9
O programas das festas de Nosa Señora dos Remedios, que este ano organiza unha nova comisión de festas formada por catro membros en colaboración co Goberno local, inclúe para o sábado a sesión vermú a cargo da orquestra Lecer, que poñerá a música durante a noite na Alameda dos Remedios xunto a Montreal.

Durante a tarde do sábado, entre as 17:00 e as 21:00 horas, no auditorio municipal desenvolverase a xornada TEDx Mondoñedo (TEDxMondonedo.com); ademais a partir das 17:30 horas, haberá xogos populares na alameda dos Remedios. Xa ás 19:30 horas, ofrecerase a última novena da Nosa Señora dos Remedios presidida polo Sr. Obispo de Mondoñedo Ferrol, Don Luís Ángel de las Heras.

O programa das Festas Patronais de Nosa Señora dos Remedios inclúe a VII Xuntanza de Cantos de Taberna Cidade de Mondoñedo, que dará comezo o sábado ás 20:00 horas. A saída terá lugar dende a Praza do Concello e percorrerá, baixo a organización de Gaita Escola, os locais de hostalería da localidade.

Domingo día 10
O domingo día 10, ás 11:00 horas, o lanzamento de foguetes anunciará o día grande da patroa. Ás 11:30 horas, sairá a comitiva da Casa do Concello cara o Santuario de Nosa Señora dos Remedios, acompañada pola Banda Municipal de Música para asistir á misa de Ofrenda á Virxe dos Remedios, que será ás 12:00 horas, e que este ano presentará a alcaldesa de Mondoñedo, durante a misa presidida polo bispo de Mondoñedo-Ferrol e cantada polo Coro Mindoniense. Seguidamente celebrase a procesión, acompañada pola Banda Municipal de Música.

A música virá da man de Salsarena durante a sesión vermú, que amenizará a noite xunto a orquestra Claxxon.

Durante a tarde do domingo tamén terá lugar un partido de fútbol no Campo Municipal Viñas da Veiga entre o Mondoñedo F.C. e o S.D. Candelaria.

Luns día 11
As festas prolongaranse ata o luns día 11, coa celebración ás 12:30 horas da Misa de Cofrades, cantada polo Coro Mindoniense e ás 13:30 horas, dará comezo a orquestra Alma Latina.

Exit mobile version