Site icon Crónica3.com A Mariña

Nota informativa do colectivo Por nuestro faro

Ribadeo, 14 de setembro de 2017. Ao fio da última nota informativa do Concello de Ribadeo encol do Proxecto de Apartamentos no Faro da Illa Pancha vémonos na obriga de crarexar o seguinte:

En primeiro lugar o Sr. Alcalde manifesta defender a legalidade pero pasa amplamente dos informes do Defensor del Pueblo, que, por segunda vez, o día 22 de Agosto notificoulle a falla de Informe de Impacto á Rede Natura 2000, requisito impresindible para xestionar a concesión e conceder a licencia. Non se entende qué legalidade defende o concello de Ribadeo, despois de que a falla de ese informe lle fose notificada duas veces por un organismo oficial da categoría da oficina do Defensor. O Sr. Alcalde nen tan siquera fai unha mínima mención ou alusión ao Defensor. Limítase a esquecelo como se non existise, e despois fai gabanza dunha suposta legalidade que interpreta á sua maneira, sen mais explicacións.

Polo demais a nota do Concello incurre en vaguedades que amosan a sua intención de abrir os apartamentos, desdecíndose do seu compromiso de exixir á Adminsitración Portuaria o acceso libre dos veciños e visitantes. Concretamnte quixéramos que nos crarexase a seguinte frase do seu comunicado:
“ O rexedor asegurou que o concesionario presentou hai pouco unha terceira declaración responsable na que garante o acceso público así con ter arranzado as deficiencias detectadas polos técnicos municipais. “

O problema é moi doado de entender: ¿Pode un concesionario particular “garantir” o libre acceso á Illa Pancha?. ¿Non quedamos en que ese asunto era competencia da Autoridade Portuaría? E ainda máis: A concesión foi de cincocentos metros cadrados según consta na resolución da Autoridade Portuaria. ¿Pode legalmente un particular garantir o acceso aos 4300 metros cadrados da illa?.

Demasiados inquéritos e demasiada ambigüidade nas declaración do Sr. Alcalde para contradecirse unha volta si e outra tamén. Lémbrese cando dixo que o Defensor podía ser un incompetente, para despois solicitar información e personarse no expediente deste organismo e rematar pasando dos sus informes. E agora admitindo a posibilidade de que un particular sexa o garante do acceso a unha illa, ate agora pechada ao público pola Autoridade Portuaria.

E logo ¿ estas reviravoltas non forman parte dunha política destinada a darlle paso aos apartamentos deixando no aer moitos inquéritos sobre a legalidade da tramitación?. O informe técnico de Medio Ambiente sobre o impacto na rede Natura 2000 ¿Non era preceptivo e vinculante? ¿E non dixo o Defensor, repetidamente que non existe? ¿Onde vai a letanía sobre os informes preceptivos e vinculantes?. ¿ E non é unha decisión política calculada con obxectivos electorais pasar duns informes e darlle prevalencia a outros?.

Dende logo nos non entendemos nada, así que haberá que agardar a que veña o diaño e nolo explique. Pero mentres non chegue o día seguiremos denunciando a falla de información e pensando que aquí ainda hai moito que crarexar.

COLECTIVO POR NUESTRO FARO

Exit mobile version