Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG eleva iniciativas ó parlamento galego para solucionar o inicio da tempada no fútbol sala

Burela, 26 de setembro de 2017. Esta pasada semana a deputada do BNG pola provincia de Lugo, Olalla Rodil, ven de presentar iniciativas no parlamento galego, para solucionar os problemas entre os clubes de fútbol sala e a Federación Galega de Fútbol (FGF) neste inicio de tempada 17/18. Trátase de unhaproposta non de lei (PNL) para someter á debate e votación tanto na Comisión de Decembro coma no propio pleno do Parlamento Galego. As medidas que se trata de impulsar van na liña da moción presentado polo BNG en Burela semanas atrais: a tramitación de licenzas federativas de tódolos rapaces do fútbol sala en categoría escolar e local, a tramitación inmediata de licenzas federativas a rapaces galegos de orixe estranxeira e á adaptación da FGF ás necesidades e os condicionantes dos clubs de fútbol sala para solventar os seus problemas. “Os clubs non pediron formar parte dunha ou outra federación, naide Lles pediu opinión, nin a eles nin ós formadores nin ós rapaces, polo que esta situación inxusta debería rematar de inmediato” sinala Mario Pillado, quen defenderá á moción este xoves no pleno ordinario do Concello de Burela.
“Aínda que nos últimos días se deu vía libre ás categorías a nivel local e escolar o trastorno xa está feito, os rapaces xa perderon un mes sen o seu deporte e os colectivos xa levan un mes,como pouco, de retraso fronte a outras modalidades” recorda Pillado. “O que segue sen solución é a xestión das licenzas dos rapaces de orixe estranxeira, que pasan máis dun mes sen poder adestrar, causando unha impotencia inexplicable para eles e para os seus mnitores, os cales non atopan moitos argumentos para pedirlles paciencia ós pobres rapaces que só queren xogar” comentou o voceiro do BNG en Burela.
Novos problemas en relación ós calendarios e horarios de competición, de novo feitos sen escoitar ós clubs.
Por outra banda, seguen á sumarse problemas na realidade diaria dos colectivos. Se xa non era abondo o problema administrativo coas licenzas, tanto os calendarios coma os horarios están xerando contrariedade nos equipos, sobre todo, porque se actúa de xeito contrario o que se informa nas reunións. “Díxose que os calendarios nas categorías alevín, infantil e cadete se farían coincidir para que os clubs con quipos en todas ou varias categorías fixeran un só desprazamento, aforrando no mesmo, para os tres enfrontamentos, era a condición indispensable para á creación da liga galega alevín, pero só coinciden nas tres primeiras xornadas dun total de 30” reclamou Pillado. Tamén hai queixas en canto á apertura da franxa horaria os domingos de 16:00 a 19:00, o que non se axeita ás necesidades dos nenos, “desta maneira cun desprazamento dunhas dúas horas un club como local pode programar unilsteralmente un partido as 19:00 horas do domingo con nenos de 10 e 11 anos, tralo transcurso do encontro e o viaxe de volta estes nenos non estarían na súa casa ata as 23:00 da noite, tendo en conta que entrarían no seu centro educativo poucas horas despois o luns. É algo inaceptable, porque ademais beneficia ós clubs que contan con rapaces de fútbol 11 e desvirtúanse as competicións” recalcou o voceiro do BNG.

Exit mobile version