Traballadoras e traballadores trasladáronlle á deputada do BNG a súa preocupación pola perda continua de profesionais en atención primaria e hospitalaria así como pola privatización de servizos como mantemento, electromedicina, limpeza e lavandería e a derivación de enfermos a clínicas privadas de Lugo.
A supresión da Área Sanitaria de A Mariña supón mais deterioro na calidade asistencial e o alonxamento da sanidade publica das mariñás e mariñaos.
Esta situación que xa se veu dando nos últimos anos desde a creación das EOXI vai verse agravada con esta modificación lexislativa que o Partido Popular intencionadamente presentou no mes de agosto, provocando mais deterioro na sanidade pública e consolidando a liña de recortes e priorizando o criterio económico en detrimento das necesidades de usuarias e usuarios e mermando a calidade asistencial. Neste sentido, Olalla Rodil anunciou que o grupo parlamentario do BNG pedirá do Anteproxecto de Lei polo que se modifica a Lei 8/2008 de Saúde de Galiza e esixirán o mantemento da Área Sanitaria de A Mariña e demandarán a posta en valor do Hospital da Costa, e que se dote de persoal, material e tecnoloxía necesarios para unha atención adecuada ás persoas.
É preciso un Plan de Mellora da Atención Primaria, dotándoa dos recursos económicos, técnicos e humanos necesarios.
“Non podemos permitir que o Partido Popular continúe cós seus recortes na sanidade pública, deteriorándoa e afastándoa das mariñás e mariñaos. No BNG defendemos un modelo sanitario de calidade, cercano á poboación, comunitario e participativo” manifestou Olalla Rodil, que tamén se referiu á situación da Atención Primaria na comarca que nos últimos anos tamén se viu afectada nesta comarca pola merma na calidade asistencial e a perda de recursos materiais e humanos, por eso anunciou tamén que o BNG pedirá poñer en marcha un plan de Mellora da Atención Primaria para dotala dos recursos económicos, técnicos e humanos que sexan precisos para prestar un bo servizo e unha boa calidade asistencial.